LA ASOCIACIÓN
Visión
Misión
Estatutos
Asociarse
EN FOTOS
Fotos dos campos
SOCIOS
Campos de Golf
Hoteis
Casas de Turismo Rural
Bodegas
Restaurantes
Axencias Viaxes
Servizos
NOVAS
LIGAZÓNS
AVISO LEGAL
CONTACTO



  Suscribirse
NOVAS



5/09/2018 NACE CELTIC SPAIN GOLF&WELLNESS PARA ATRAER AL TURISTA BRITÁNICO AMANTE DEL GOLF HACIA GALICIA
A sede do Aeroclub de Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación do proxecto Celtic Spain Golf& Wellness, impulsado polo sector privado en colaboración con Turismo de Galicia para dar a coñecer Galicia no mercado británico como destino perfecto para o goce dun paquete combinado de práctica do golf, termalismo e gastronomía.

Trátase dunha iniciativa conxunta promovida pola Asociación Galicia Destino Golf, Asociación Balnearios de Galicia, Oca Hoteis e Hotel Carlos I no marco do concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia que se desenvolve en dúas fases. Unha primeira consistiu no desenvolvemento da imaxe corporativa e da paquetización da oferta, así como a posta en marcha da web do proxecto: https... :// galiciagolfsalud. gal/ mentres que unha segunda iníciase este domingo 9 de setembro coa presentación do proxecto na Casa de Galicia en Londres.

Ata alí viaxará un grupo de empresarios galegos vinculados co sector que darán a coñecer Galicia aos prescritores vinculados aos clubs de golf británicos nunha presentación conxunta. Xa en outubro, o proxecto culminará nesta primeira edición cunha misión inversa que traerá a prescritores británicos vinculados á práctica deportiva do golf para coñecer de primeira man a oferta galega.

Ademais de aglutinar e dar a coñecer mellor a oferta de campos de golf e termalismo coa que conta Galicia, Celtic Spain Golf& Wellness complétase coa posta en marcha de Galicia Golf Pass que permitirá aos seus usuarios gozar dos campos asociados a Galicia Destino Golf a un prezo excepcional durante os 365 días do ano.

Na presentación desta mañá participaron a presidenta de Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán, encargada de explicar o proxecto; Benigno Amor, xerente de Balnearios de Galicia, quen destacou a gran oferta termal que posúe Galicia e que con iniciativas como esta vai poder dar o salto cara á captación de mercados internacionais como o británico; Ramón Braña, director Xeral de Oca Hotels e Leonardo López, director do Hotel Carlos I, así como Cesáreo Pardal, secretario do Clúster Turismo de Galicia e José Luis Mestre, director de Competitividade de Turismo de Galicia, quen destacou a importancia de xerar sinerxias entre as empresas e coa administración pública para a creación ou paquetización da ampla oferta turística coa que conta Galicia.


https://galiciagolfsalud.gal/es/inicio/...



volver

 


   
  DESTACADOS
Turgalicia Pagina de Galicia Destino Golf en Facebook Federación gallega de golf Fondos FEDER IAGTO Clúster Turismo Galicia